Concerto de Helenes Trío nas Ruinas de San Domingos
Actualizado 13/07/2010 13:27 museo de pontevedra Este sábado, 17 de xullo, ás dez da noite e con entrada libre ata completar aforamento, celébrase o segundo concerto do ciclo Noites de Música nas Ruínas de San Domingos, organizado por segundo ano consecutivo polo Museo de Pontevedra, coa colaboración do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. Estará a cargo de Helenes Trío, integrado por Ramón Vázquez, contratenor, Arquímedes Artal, viola de gamba, e Alicia Alcayna, clavicémbalo, que ofrecerá un amplo repertorio de música barroca. O compostelán Ramón María Vázquez García comeza a estudar canto en 1997 con Mercedes Hernández, realizando Masterclasses con Richard Levitt. Dende o ano 2006 estuda con Magna Ferreira e Peter Harrison a licenciatura en Canto Barroco e Música Antiga na Escola Superior de Música e dás Artes de Porto. Dende xaneiro de 2008 estuda Técnica Vocal con Peter Harrison e asiste a clases de no Estudo Passos de Voz en Porto con João Henriques. Fundador en 2006 do grupo Cordayre, participa en varias edicións do Festival Via Stellae. Traballou para Matarile Teatro, cantando no espectáculo Animais artificiais. Realizou concertos e actuacións en diversas localidades de España, Portugal e Francia, así como gravacións para programas de raio e televisión. Foi profesor de cantos no programa Son de estrelas da TVG e actualmente é profesor de canto e director de coros na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Alicia Alcayna é natural de Valencia, en cuxo Conservatorio cursa estudos de piano e inicia a aprendizaxe do clave en 1989, ampliando a súa formación con Kenneth Gilbert en Salsburgo, con Jan Willem Jansen e Christine Whiffen en Daroca, con Eduard Martínez en Barcelona, con Robert Kohnen en Bruxelas e con Tony Millán en Madrid. Foi compoñente do Grupo de Música Antiga de Xátiva e colaborou con diversas orquestras e grupos de cámara. Tamén foi clavecinista acompañante no curso de Música Antiga de Belluno (Italia). Dende 1997 é profesora de clave e clavecinista acompañante no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Natural de Zaragoza, Arquímedes Artal estudou nos Conservatorios de Salamanca e Sevilla, licenciándose en Belas Artes pola Universidade de Sevilla. Asistiu a numerosos seminarios e cursos especializados en música barroca e romántica, desenvolvendo unha rica vida concertística con diversos grupos. Actualmente é profesor de viola de gamba no Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra e forma parte do cuarteto Tambourins e da Compañía Nacional de Teatro Clásico. O programa que ofrecerá Helenes Trío é o seguinte:
|
|
| © Copyright 2004-2011, Museo de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 85 14 55 arriba | inicio | contactar | aviso legal |