Comeza o ciclo de concertos Sons no Ar-co
Actualizado 08/07/2010 14:25 museo de pontevedra A terceira edición do ciclo de concertos Sons non Ar-Co, organizado polo Museo de Pontevedra, coa colaboración do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, comeza este venres 9 de xullo, ás dez da noite e terá como marco, como é habitual, a ponte que comunica os edificios Castro Monteagudo e García Flórez do Museo. O concerto do venres estará a cargo do Grupo de Metais Santa Cecilia Cidade de Ferrol, integrado por Miguel Brea Seoane e Roberto Verde Prieto, trompetas, Miguel Brotóns Pérez, trompa, Roberto Rodríguez Fagúndez, trombón, e Raúl Galán Cerveró, tuba. Dende a súa fundación en 1980, o Grupo de Metais Santa Cecilia, cuxo principal obxectivo é encontrar a través da experiencia as máis variadas posibilidades expresivas dos instrumentos que o forman, actuou nas principais cidades de Galicia dentro dos ciclos musicais organizados pola Consellería de Cultura. Realizou gravacións para a TVG e para Radio Nacional de España en Galicia e en Madrid e estreou obras de compositores galegos no ciclo de concertos organizados pola Asociación Galega de Compositores. En marzo de 1996 interpretou por primeira vez no Auditorio de Galicia a partitura de Tomás Marco Detrás das árbores, obra de encargo para unha exposición do pintor Rafael Úbeda. Dende 1985 organiza os Cursos de Música Instrumental Cidade de Ferrol de ámbito internacional, nos que participan destacados profesores. O programa que interpretará o Grupo de Metais Santa Cecilia será o seguinte: Rondeau, de J. Mouret;
O ciclo continuará os próximos días 16 e 23 de xullo, coa actuación de VI-GOP Jazzmusic e Odaiko Percussion Group, respectivamente Programa VI-GOP (16 de xullo)
Actualmente VI-GOP está formado por Noli Torres, batería, Óscar Rodríguez, contrabaixo, Antonio López, piano, Juan Carlos Otero, saxofón, Ricardo Formoso, trompeta O programa de Odaiko (23 de xullo) Obras orixinais de Odaiko Percussion Group Músicos: Paulo Silva, Juan M Collazo, Lester Rodríguez, Antonio Ocampo |
|
| © Copyright 2004-2008, Museo de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 85 14 55 - Fax: +34 986 84 06 93 arriba | inicio | contactar | aviso legal |