Presentación do libro de José Fuentes Alende Xanciño de Zoxín, o can Canito e o coello Coli

Actualizado 11/06/2008 19:30

museo de pontevedra

O martes 24 de xuño, ás oito da tarde, será presentado, con entrada libre, no salón de actos do edificio Fernández López do Museo Provincial de Pontevedra o libro de relatos Xanciño de Zoxín, o can Canito e o coello Coli, da autoría de José Fuentes Alende, secretario técnico da entidade.

O libro, publicado pola editorial Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE, S.L.) na su colección “Escritores populares”, e con ilustracións de José Crespo, recolle unha serie de relatos nos que o autor pon como protagonista a Xanciño, que poidera ser un neno dunha aldea calquera de Galicia de mediados do século XX, quen, acompañado por un can e un coello montés, procura diversións inventando xogos que comparte cos seus amigos.

Nunha mestura de realismo e fantasía, José Fuentes narra como Xanciño confecciona xoguetes hoxe desaparecidos, como as chamancas, a pica roma, o asubiote, o tiratacos, o arcabucio, a roda ou aro, os bambáns ou randeeiras, a cometa ou papaventos, as bolas ou canicas, o rique-raque e os trompos, así como as gaitas e instrumentos musicais realizados con elementos vexetais e a elaboración de embarcacións e caveiras de cabazo na celebración da festa de Defuntos, finalizando coa preparación e culminación dos cantos de Reis despois de Nadal.ç

Coa pretensión de rescatar do esquecemento, ademais dos xogos e diversións, outras prácticas etnográficas ou folclóricas, José Fuentes introduce nos relatos costumes populares, lendas sobre algúns animais, algúns patronímicos ou nomes das casas e topónimos tratando de explicar a súa orixe e outros diversos aspectos da vida en Galicia, coa finalidade de incentivar aos nenos na recuperación e no estudo de canto os rodea.

No acto de presentación intervendrán, ademáis do autor, o director do Museo, José Carlos Valle, e o escritor e crítico literario, David Otero.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra