Presentación do libro Xosé Filgueira Valverde.
1906-1996. Un século de Galicia

Actualizado 06/08/2007 08:46

museo de pontevedra

No salón de actos do edificio Fernández López do Museo de Pontevedra será presentado o próximo venres, día dez de agosto, ás oito do serán, o libro Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia, publicación enmarcada nas actividades coas que se conmemora o centenario do seu nacemento, programadas polo Museo e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, adscrita ó Ministerio de Cultura, coa colaboración da Fundación Filgueira Valverde, a Cátedra Filgueira Valverde, Caixanova e a Universidade de Vigo.

O libro, coas presentacións institucionais de Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial, e a da Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturales, e prólogo de Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo, profusamente ilustrado, recolle, en idiomas galego e castelán, os textos elaborados a partir das conferencias impartidas no simposio celebrado durante o pasado mes de decembro como complemento da exposición exhibida no edificio Sarmiento, e que son os seguintes:

  • "Cronobiografía", de Xosé Carlos Valle Pérez;
  • "Personalidade do profesor pontevedrés", de Francisco Fernández del Riego;
  • "Filgueira Valverde: centrado na memoria de tres ilustres pontevedreses", de José Manuel Pita Andrade;
  • "Filgueira Valverde na súa paisaxe. Amigos, discípulos e empresas culturais", de José García-Velasco;
  • "Filgueira Valverde e o Partido Galeguista", de Xosé Ramón Barreiro Fernández;
  • "Filgueira Valverde no labirinto cultural galego. 1936-1996", de Alberto Pena;
  • "D. Xosé Filgueira Valverde e a lírica galego-portuguesa", de Mercedes Brea;
  • "Filgueira Valverde e as letras: notas para entender o seu discurso erudito e crítico", de Xesús Alonso Montero;
  • "Contribución de Filgueira Valverde ao ámbito da creación literaria", de Xosé Ramón Fandiño;
  • "A música como fundamento da identidade na obra de Xosé Filgueira Valverde", de Carlos Villanueva;
  • "O profesor Filgueira Valverde e a arqueoloxía", de Antonio de la Peña Santos; "D. Xosé Filgueira Valverde e a historia da arte", de José Manuel B. López Vázquez;
  • "Pontevedra e o mar na obra de D. Xosé Filgueira Valverde", de José Manuel Castaño García;
  • "Filgueira Valverde e a antropoloxía cultural", de Xosé Fuentes Alende, e
  • "Filgueira Valverde, memoria dun educador", de Germán Torres de Aboal.

Finaliza la publicación coa reprodución da obra plástica e co catálogo exhaustivo dos documentos, fotografías, libros e condecoracións que figuraron na exposición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra