Como visitante do noso Sitio Web debe cumprir cos termos e condicións que sinalamos a continuación, así como con calquera outra lei ou regulamento aplicable ó Sitio, á Internet o ou á World Wide Web.

O MUSEO DE PONTEVEDRA deseñou este Sitio para o seu uso persoal, información, educación e comunicación. Pode examinalo libremente e transferir ó seu ordenador calquera dos arquivos que aquí se conteñen para uso persoal e non comercial, sempre que respecte os dereitos de propiedade intelectual que o MUSEO DE PONTEVEDRA e os seus autores teñen sobre os ditos arquivos.

Non pode, porén, distribuír, modificar, transmitir, reutilizar, reenviar ou utilizar los contidos do Sitio –incluídos os seus textos, imaxes, arquivos de son ou de vídeo- con fins comerciais ou públicos sen a previa e expresa autorización do MUSEO DE PONTEVEDRA.

O acceso e uso do Sitio están tamén suxeitos ó cumprimento dos termos e condicións seguintes e a tódalas leis aplicables. Ó acceder e examinar o Sitio aceptará, sen limitación ou excepción, estes termos e condicións e estará recoñecendo que calquera outro acordo anterior que puidera ter co MUSEO DE PONTEVEDRA queda anulado e carecerá de forza legal.

Termos e condicións

  1. Debe asumir que todo o que vexa o lea nas páxinas deste Sitio está protexido como dereito de propiedade intelectual -a menos que se estableza expresamente o contrario-, polo que non poderá utilizalo de maneira diferente ó establecido nestes Termos e Condicións ou no resto do Sitio se non dispón do permiso previo do MUSEO DE PONTEVEDRA. Así mesmo, o MUSEO DE PONTEVEDRA non garante que o uso da información mostrada nol Sitio non violará dereitos de terceiras persoas que non estean vinculadas ó MUSEO DE PONTEVEDRA.
  2. A pesar de que o MUSEO DE PONTEVEDRA se aplicou, e seguirá facéndoo, en incluír información precisa e actualizada no seu Sitio Web, non garante nin promete que dita información sexa totalmente veraz. O MUSEO DE PONTEVEDRA non asumirá responsabilidade algunha polos erros ou omisións que puideran conter as páxinas do seu Sitio Web.
  3. O uso ou exame que faga do Sitio será a risco seu. Nin o MUSEO DE PONTEVEDRA nin calquera das persoas ou partes involucradas na creación, produción ou desenvolvemento do Sitio Web serán responsables dos danos -directos, indirectos o punitivos- que puideran ocasionarse como consecuencia do acceso, uso o exame das súas páxinas. Sen prexuízo de todo o expresado con anterioridade, tódolos arquivos e informacións incluídos neste Sitio Web están dispoñibles nas condicións nas que se encontran sen garantías de ningún tipo expresas ou implícitas. O MUSEO DE PONTEVEDRA non será tampouco responsable de ningún dano causado ó seu ordenador ou a calquera outro aparato nin de calquera virus que puidese infectalos como consecuencia do acceso, uso ou exame das páxinas do Sitio ou ó transferir ó seu ordenador calquera material, datos, texto, imaxes, arquivos de vídeo ou arquivos de son deste Sitio Web.
  4. Calquera documento (datos, preguntas, comentarios, suxestións...) ou dato persoal (nome, dirección postal, número de teléfono ou dirección de e-mail) que transmita ó noso Sitio Web mediante correo electrónico ou outro medio serán considerados de carácter público e non confidencial. Cada vez que utilice o Sitio Web estará dando información -e o MUSEO DE PONTEVEDRA, obténdoa- sobre a súa persoa e sobre o uso que está dando a este Sitio Web. O MUSEO DE PONTEVEDRA poderá usar esta información para calquera propósito que crea apropiado, entre os que se inclúen a confección de "páxinas a medida" ou calquera outra actividade de promoción, publicidade e marketing.
  5. As imaxes de persoas, lugares e obxectos exhibidas no Sitio Web son propiedade do MUSEO DE PONTEVEDRA e os seus autores ou foron utilizadas polo MUSEO DE PONTEVEDRA coa autorización dos seus propietarios. O uso de ditas imaxes está prohibido, a menos que teña sido expresamente permitido nestes Termos e Condicións ou en calquera outra parte do Sitio. Calquera uso desautorizado das imaxes pode violar o dereito á intimidade e ás leis de propiedade intelectual, de marcas ou do dereito á información.
  6. O MUSEO DE PONTEVEDRA non revisará diariamente as páxinas web vinculadas a este Sitio, polo que non serán responsables dos seus contidos nin das súas políticas, absolutamente alleas a este Sitio Web. A consultas que faga a eses sitios vinculados e a outras páxinas alleas ó noso Sitio Web son unicamente responsabilidade súa e non comprometen ó MUSEO DE PONTEVEDRA.
  7. Aínda que o MUSEO DE PONTEVEDRA poderá revisar e supervisar as discusións, charlas (chats), envíos, anuncios, comunicacións, transmisións e similares que se efectúen no Sitio, non ten obriga de facelo permanentemente nin asume ningunha responsabilidade acerca dos contidos de ditas mensaxes, nin dos erros, difamacións, libelos, calumnias, omisións, falsidades, obscenidades, alusións pornográficas, perigos ou inexactitudes que puideran introducirse ou conterse no Sitio Web. Está prohibido o envío ou transmisión de material ilegal, ameazador, difamatorio, obsceno, escandaloso, provocativo, pornográfico ou profanador de calquera outra clase de material que poida constituír ou instigar condutas que puideran ser consideradas delito civil ou penal, ou que puideran violar calquera outra lei. O MUSEO DE PONTEVEDRA cooperará totalmente con calquera autoridade xudicial que solicite a súa colaboración para identificar a quen puidese enviar ou introducir no Sitio materiais das características sinaladas anteriormente.
  8. O MUSEO DE PONTEVEDRA pode revisar e corrixir en calquera momento estes Termos e Condicións ó actualizar este Sitio. Como queira que debe cumprir con estes Termos e Condicións, aconsellámoslle que os relea cada vez que visite o noso Sitio Web.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra