ACTUALIDADE

  • Exposición

    Próxima inauguración no Museo de Pontevedra da exposición Materialeza de Darío Basso

    No Sexto Edificio do Museo de Pontevedra será inaugurada o próximo día 14 de febreiro, martes, ás oito da tarde, a macro exposición titulada Materialeza 1999-2011, que reúne máis de cincuenta obras de gran formato do artista Darío Basso, complementadas con trece cadernos de campo con acuarelas, exposición que foi exhibida dende o pasado 28 de setembro no Centre del Carme de Valencia.


    coñeces o teu ?

    A Perla Peregrina e o Retrato de Dona Margarita de Austria

    O pasado 14 de decembro foi vendida polo “módico” prezo de 9 millóns de euros a Perla Peregrina, acadando o máximo chegado a pagar ata o de agora por unha perla dentro das poxas de xoias, quizais debido non só ao seu valor material (tamaño, forma e cor pouco comúns) senón, e principalmente, pola súa historia, polo seu pasado lendario ligado á realeza española. Pertenceu ao coñecido como “Rico Xoiel dos Austrias” das xoias da coroa española, aparecendo en famosos retratos áulicos durante tres séculos. Foi tamén primeira protagonista de amores e desamores dentro do mundo rosa da “sétima arte” no século XX con Elizabeth Taylor e Richard Burton, circunstancias todas elas que fan desta xoia unha lenda viva.


    edificio sarmiento

    O Edificio Sarmiento recibiu 10.000 visitantes durante as xornadas de portas abertas

    A grande afluencia de visitantes nas xornadas de portas abertas organizadas pola Deputación de Pontevedra deixa patente o interese dos veciños da cidade, da provincia e dos turistas por coñeceren o resultado da remodelación deste emblemático edificio.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra