Os fondos relacionados coa antigüidade forman parte substancial do Museo xa dende a súa mesma constitución. De feito, ten boa parte da “culpa” da mesma existencia do Museo a presenza de coleccións previas de obxectos arqueolóxicos. É o caso, por exemplo, dos catro miliarios romanos recollidos a finais do século XVIII polo arcebispo de Compostela, Sebastián Malvar Pinto; un conxunto que foi ampliado con posterioridade cos dez exemplares ofrecidos pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra durante os anos de transición entre o XIX e o XX, ou cos descubertos en plena cidade de Pontevedra en 1988 durante as escavacións na cabeceira meridional da ponte do Burgo. Estes quince miliarios intégranse con entidade propia nunha das tres coleccións arqueolóxicas emblemáticas do Museo, xunto coas de ourivería e de metalurxia prehistórica: a de epigrafía romana.

03010000.01.jpg
Pila de Mougás
no lugar do seu achado
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra