Sala Méndez Núñez Recréase nela o que puido ter sido o seu despacho na casa na que viviu e morreu en Pontevedra en 1869 (antiga Casa dos Cruu), situada a poucos centos de metros do Museo, na praza que hoxe recibe o nome do célebre mariño.
Ó acceder a ela, encontrará o visitante os retratos ó óleo da raíña Isabel II, do contraalmirante, de seus pais e doutros familiares achegados, pero tamén múltiples pertenzas e recordos persoais reunidos en diferentes viaxes. Dende a súa creación, a sala descrita mantivo o aspecto actual malia os cambios na disposición dalgúns obxectos e o engadido doutros, sobre todo ó curioso empapelado das súas paredes cuns motivos orientais que harmonizaban moi ben co afán coleccionista do mariño e cos fondos expostos, procedentes moitos deles de Oriente. Por esta razón, cando se procedeu á última remodelación da sala, ante o estado do papel e a súa difícil conservación, substituíuse por unha tea ignífuga realizada cos mesmos motivos decorativos, mantendo deste xeito o aspecto xeral deste recinto tan logrado, ó que unicamente podería superar a reconstitución da cámara da célebre fragata Numancia.
|
|||||
| © Copyright 2004-2008, Museo de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 85 14 55 - Fax: +34 986 84 06 93 arriba | inicio | contactar | aviso legal |