Axuda ao funcionamento da busca

  • Series ou álbumes.- O especial interese que espertan estes conxuntos entre os usuarios lévanos a permitir a súa exploración específica. Abondará con sinalar o álbum ou serie e obteremos un listado completo das obras pertencentes a ese grupo.
  • Título.- Non é necesario poñer o título completo para ensaiar unha busca; unha soa palabra iniciaraa. Por suposto, canto máis exactos sexan os datos achegados polos usuarios, máis posibilidades de éxito inmediato se terán.
  • Inventario.- Os números de rexistro das obras de Castelao, na maioría dos casos, están compostos por dúas cifras. Para acceder ás procuras por inventario colocarase a primeira cifra no primeiro recadro e a segunda no seguinte.
  • Soportes.- Este bloque delimita os resultados de acordo coas características do material sobre o que se teñen realizado as obras.
  • Materiais.- Concreta os resultados en base ao tipo de material pictórico empregado en cada obra. O buscador permite a selección de varios materiais distintos, pois son moitos os casos nos que foron combinados polo artista. Discriminamos as augadas en tinta chinesa negra do material augada para facilitar a busca por separado. Se queremos obter a totalidade das obras realizadas con augada, neste campo do buscador, non temos máis que seleccionar ámbolos dous conceptos. Tamén poderemos facer esta procura na pestana Tipo de obra.
  • Tipo de obra.- Selecciona os resultados polo tipo de procedemento co que se elaborou a obra e agrupa os bosquexos e apuntamentos.
  • Temática.- Denominada así de maneira xenérica, esta pestana é un pequeno caixón de xastre. Non se entenderá o concepto de temática como tema principal, senón coma tema tratado, sexa de maneira tanxencial ou principal. A razón de que teñamos establecida así esta sección obedece a dous motivos: por un lado, o grande número de bosquexos e apuntes existentes na colección – un só papel, en ocasións, presenta varios debuxos de carácter moi distinto-, e polo outro, o feito de que o autor repita unha mesma figura nunha obra como asunto principal e noutra como secundario fai que este tipo de rastrexo nos permita establecer comparativas que consideramos de gran interese.

As pesquisas nos bloques soportes, materiais, tipo de obra e temática poden facerse de maneira independente ou combinada.

Nova busca no catálogo Castelao


A súa busca [complete algún dos seguintes campos]
Obras a listar:         
Título:
Inventario: -
Series e álbumes:

Tipo de obra
Material
Soporte
Temática

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra