A biblioteca do Museo de Pontevedra créase no ano 1927 cun lote fundacional de 108 libros que pertencían á Sociedad Arqueológica de Pontevedra.

Na actualidade, ademais dos 6.000 títulos de publicacións seriadas e máis de 150.000 rexistros bibliográficos, a biblioteca pon á disposición do investigador especialista 500 mapas e planos e unha sección de obras de referencia e de literatura gris, na que destaca a colección de follas soltas, onde podemos atopar programas de man de concertos, funcións teatrais, sátiras carnavalescas, catálogos de exposicións, etc. A toda esta documentación, cómpre engadirlle unha selección de recortes de prensa ordenados tematicamente.

06000000.02.jpg 06000000.03.jpg
--- ---

É unha biblioteca especializada que reúne as condicións de posuír unha literatura exhaustiva sobre un tema ou grupo de temas concretos: arte -e especialmente a figura de Goya-, historia, arqueoloxía, Galicia (dentro do que destaca o fondo local; é dicir, a reunión de todo tipo de material bibliográfico, incluído o non venal, que ten como tema Pontevedra).

--- 06000000.01.jpg
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra